A unidade móbil da ITV agrícola visitará en febreiro Valdoviño para facilitar as revisións

As persoas interesadas no servizo poden pedir xa a súa cita

Valdoviño, 26 de xaneiro do 2026. Os propietarios de vehículos agrícolas interesados en realizar as revisións técnicas en Valdoviño xa poden solicitar cita previa. As unidades móbiles da ITV visitarán de novo o concello para facilitar o trámite sen saír do municipio. Así, o 19 de febreiro acudirán a Lago, e ao día seguinte, 20 de febreiro, a Vilaboa. Permanecerán nas inmediacións das cooperativas, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.

As persoas interesadas no servizo xa poden reservar oco na axenda para as inspeccións a través da web sycitv.com/gl/ ou no teléfono 981 92 80 80.