A Unidade de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase a Valdoviño en febreiro

As persoas interesadas no servizo xa poden concertar a súa cita

Valdoviño, 27 de xaneiro do 2025. A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase ao Concello de Valdoviño o próximo mes para facilitar as revisións deste tipo de vehículos sen saír do municipio. O 27 de febreiro permanecerá no aparcadoiro da cooperativa de Lago en horario de 9:00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h.

Así, as persoas interesadas no servizo xa poden solicitar cita previa para as inspeccións a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 981 92 80 80.