A Sociedade Deportiva Valdoviño gaña o Torneo de fútbol Concello de Valdoviño
A vitoria no amistoso feminino foi para a Escola de Fútbol Base Amistade
Valdoviño, 1 de setembro do 2024. A Sociedade Deportiva Valdoviño fíxose este sábado en Vilaboa co trunfo no Torneo de Fútbol do Concello de Valdoviño que alcanzaba a súa 32 edición. O tempo acompañou, favorecendo que o público se achegase ao campo de fútbol Juan Sabín para animar aos seu equipos. No partido feminino impúxose a Escola de Fútbol Base Amistade.
Segundo o previsto, a cita deportiva municipal arrancou ao mediodía coa competición feminina, que se disputou no campo de fútbol municipal de Mourente. O partido amistoso, que enfrontou ao Club deportivo Cariño á E.F.B. Amistade. resolvíase cunha contundente vitoria das locais.
A media tarde, o triangular masculino iniciábase co triunfo por dous tantos a cero do S.D. Valdoviño fronte ao Club Deportivo Rosalía de Vilaboa (0-2). Deseguido, os de Vilaboa encaixaron unha nova derrota fronte ao Meirás Club de Fútbol (1-2). Finalmente, o partido no que se medían SD. Valdoviño e o Meirás C.F. acabou en empate, finalizando sen goles (0-0). Así, o trofeo foi parar ao equipo ao que non lle marcaron ningún tanto, o Valdoviño. O Meirás C.F. foi segundo.
O alcalde, Alberto González, e o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, entregaron aos capitáns dos conxunto os respectivos trofeos nunha xornada na que quedou patente a afección polo bo fútbol que existe na localidade.