A praia e a lagoa da Frouxeira acollerán a fase práctica dun curso para identificar e interpretar as pegadas de animais
A firma de formación medio ambiental North Explorer promove a iniciativa, con inscrición aberta no 604 070 223 e no seu portal web
Valdoviño, 8 de abril de 2022. A firma de turismo activo e formación medio ambiental North Explorer organiza un curso de rastreo de fauna ibérica no que a praia e lagoa da Frouxeira serán os escenarios nos que, tras unha primeira fase teórica na localidade de Miño, os participantes realicen as súas prácticas. A iniciativa desenvolverase o sábado 23 e o domingo 24 de abril, e ofrecerá todas as claves para identificar e interpretar as pegadas de animais terrestres. Uns coñecementos que permiten profundizar tamén no análise dos escenarios naturais e achegarse á súa evolución. Os rastreadores de Dynamic Tracking, Kyt Lyn Walken e Gonzalo Juan Peiro, serán os encargados de impartir esta formación, dirixida a:
-Profesionais que traballan no sector medio ambiental que busquen enriquecer a súa formación
-Amantes da natureza e da observación da fauna
-Público en xeral apaixoado das camiñadas pola contorna natural
Iso si, a partir de 16 anos (con autorización de pai/nai ou titor/a legal) e sen límite.
O calendario do curso, no que o Concello colabora dando difusión á iniciativa, divídese en fase teórica -o sábado de 8:00 a 14:00 h en Miño- e parte práctica -sábado de 16:00 a 20:00 h e domingo de 8:00 a 14:00 h en Valdoviño-.
As inscricións están abertas no teléfono 604 070 223 e na web https://northexplorer.es/producto/curso-iniciacion-al-fauna-iberica/ ata o 18 de abril (incluído).
O custe oscila entre os 199 euros -formación e xantar do sábado- e os 230 euros -incluíndo neste caso o aloxamento no Hotel Casa Savi de Miño, onde se realizará a formación teórica-.