A praia de Vilarrube acollerá unha nova edición das Xornadas de Pesca Infantil

Organizadas pola Asociación Deportiva O Rodaballo co apoio do Concello, a participación é gratuíta e a inscrición está aberta

Valdoviño, 8 de agosto do 2023. O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, reedita a súa aposta polas Xornadas de Pesca Infantil, e avanza a súa celebración para o 16 de setembro. Guiadas pola Asociación Deportiva O Rodaballo, volverán a ter a praia de Vilarrube como escenario, en horario de 17 a 21:30 h (sobre as 16 h, prevese a concentración dos nenos e nenas participantes no café-bar La Explanada).

Están dirixidas a rapaces e rapazas menores de 18 anos e a participación é gratuíta. O prazo para anotarse está aberto, e a ficha de inscrición pode descargarse da web municipal e entregarse no rexistro municipal da casa consistorial ou enviarse ao correo rodaballoferrol@gmail.com.

FICHA INSCRICIÓN