A praia de Pantín acolle o Campionato Galego de Surf Junior e Kids esta fin de semana
A cita reunirá á elite do surf de base galego
Valdoviño, 24 de xullo do 2025. A praia de Pantín acollerá esta fin de semana o Campionato Galego de Surf Junior e Kids. A proba reunirá á elite do surf de base galego, e será valedoira para a Liga Galega de Surf, co que os resultados puntuarán para o ránking autonómico das diferentes categorías.
A cita está organizada pola Federación Galega de Surf, co apoio do Concello de Valdoviño, Deporte Galego, Xunta de Galicia, RSM e Cándido Hermida, e os horarios e quendas da competición publicaranse no portal web da federación mañá venres, 25 de xullo.
Comentarios
