A Porta do Sol acolle este domingo o feirón mensual de Valdoviño

A cita está organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño

Valdoviño, 26 de agosto do 2022.Veciños e visitantes de Valdoviño teñen este domingo 28 de agosto unha cita co Feirón Mensual do municipio. Como vén sendo habitual, a explanada situada fronte á Casa Joselito, na Porta do Sol, volverá ser escenario deste mercadillo que cada mes organiza a Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello.

Así, e dende primeira hora da mañá, o público poderá achegarse ata os postos de venda para mercar dende produtos da horta ata calzado e roupa pasando por artesanía.

O feirón reúne, dende que se recuperara a comezos do verán pasado, un máximo de 40 postos, dos sectores máis diversos, constituíndo unha razón extra para achegarse á localidade, e actuando como dinamizador dos establecementos de hostalería que hai na contorna.