piscina municipal

A piscina municipal de Valdoviño amplía unha semana a temporada estival

Poderase desfrutar das instalacións deportivas ata o 8 de setembro

Valdoviño, 29 de agosto do 2024.A veciñanza e os visitantes de Valdoviño terán unha semana extra para desfrutar da piscina municipal. O goberno local decidía, ante as previsións do tempo e dada a demanda dos usuarios/as, manter a piscina aberta máis alá do 31 de agosto, xornada habitual de peche durante os últimos veráns.

O Concello manterá operativa a piscina de Lago ata o domingo 8 de setembro, facendo coincidir o seu peche co inicio da  semana na que arranca o curso escolar. Ata esa xornada, a instalación estará aberta, de luns a venres de 16 a 20 horas, e sábados e domingos de 12 a 20 horas. O prezo da entrada, se non se dispón de bonos, é de 2,5 euros para as persoas adultas e 1,5 para os menores.

O equipamento de Lago volveu ser este verán un dos piares de Ociosol, o programa estival de actividades deportivas municipais. Así, un total de 160 persoas participaron nos cursos infantís de natación, nas clases para bebés, nas sesións de aquagym e de nado libre ofertadas. Unha programación que finaliza este venres. De feito, xa se realizou á tradicional entrega de diplomas aos participantes.