A piscina municipal de Lago inaugurará a tempada de verán o 1 de xullo

As mañás, de luns a venres, están reservadas para as actividades e cursos, namentras que as tardes, fins de semana e festivos ábrese ao baño libre

Valdoviño, 16 de xuño de 2022. A piscina municipal de Lago abrirá as súas portas o vindeiro venres 1 de xullo, coincidindo co inicio da programación de cursos e actividades acuáticas. Estas desenvolveranse en horario de mañá, namentras que as tardes están reservadas para o baño libre, de luns a venres de 16 a 20 horas, e sábados, domingos e festivos de 12 a 20 horas. 

Así mesmo, o Concello de Valdoviño avanza que mantén os prezos de anos precedentes: 2,5 euros para persoas adultas e 1,5 para menores. Ademais, ofrécese a posibilidade de expedir o bono familiar, a un custe de 20 euros para 15 baños (un baño dá acceso a todos os integrantes da unidade familiar, pais/nais e fillos/as). 

Estes bonos e entradas deben tramitarse na propia piscina e achegarse o Libro de Familia (no primeiro caso).