A piscina municipal de Lago abre as súas portas o vindeiro luns 5 de xullo
As mañás, de luns a venres, están reservadas para as actividades e cursos, namentras que as tardes, fins de semana e festivos ábrese ao baño libre
A piscina municipal de Lago abrirá as súas portas o vindeiro luns 5 de xullo, coincidindo co inicio da programación de cursos e actividades acuáticas. Estas desenvolveranse en horario de mañá, namentras que as tardes están reservadas para o baño libre, de luns a venres de 16 a 20 horas, e sábados, domingos e festivos de 12 a 20 horas. Así mesmo, o Concello de Valdoviño avanza que mantén os prezos de anos precedentes: 2,5 euros para persoas adultas e 1,5 para menores. Ademais, ofrécese a posibilidade de expedir o bono familiar, a un custe de 20 euros para 15 baños (un baño dá acceso a todos os integrantes da unidade familiar, pais/nais e fillos/as).
Estes bonos e entradas deben tramitarse na propia piscina e achegarse o Libro de Familia (no primeiro caso).
O que sí varía este ano, polos protocolos covid-19, é a implantación de aforos. Deste xeito, e a día de hoxe, a piscina poderá dar entrada a 100 persoas, o 50% da súa capacidade.
Ademais, o Concello avanza que as actividades deportivas previstas na pista e parque da Frouxeira incluídas en OcioSol (ximnasia de mantenemento, baloncesto, tenis, fútbol-sala, atletismo e multideporte) arrancarán este xoves, 1 de xullo.