A Oficina de Turismo de Valdoviño reabrirá as súas portas o 1 de xuño
A Deputación da Coruña aproba unha axuda de 20.000 euros solicitada polo Concello para contribuir a financiar os gastos de persoal
Valdoviño, 24 de maio do 2023. O Concello de Valdoviño recibirá unha axuda de 20.000 euros da Deputación da Coruña para contribuír a financiar os gastos de persoal da Oficina Municipal de Turismo neste 2023. A institución provincial dá así o visto bo á petición de subvención tramitada pola Administración local, que avanza a reapertura das portas da oficina para a próxima semana, o xoves 1 de xuño.
Estará operativa de martes a domingo coa incorporación dun técnico de turismo, e durante 4 meses atenderán as consultas dos visitantes, ademais de tomar parte en iniciativas de promoción e dinamización turística.
Comentarios