A Oficina da Televisión Dixital en Galicia levará a cabo este mércores unha nova actuación no centro emisor de Coto Agudo
A actuación permitirá mellora o sinal en 22 lugares de Loira e Vilaboa
Valdoviño, 15 de setembro do 2026. A Oficina da Televisión Dixital en Galicia da Xunta continúa coas actuacións para mellorar o sinal de TDT, e esta semana actuará no centro emisor de Coto Agudo, beneficiando a 22 lugares das parroquias de Loira e de Vilaboa. Así, a partir do 5 de novembro, cando se prevé iniciar a primeira fase do plan, os veciños e veciñas que recibanoa sinal deste centro deberán realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT, e no caso das comunidades de veciños, pode que sexa necesario axustar a instalación colectiva para asegurar a calidade da recepción.
Estas serán as entidades de poboación beneficiarias
| Parroquia | Nome entidade |
| LOIRA (SAN PEDRO) | CANDAÍL |
| LOIRA (SAN PEDRO) | LOIRAVELLA |
| LOIRA (SAN PEDRO) | TINEO |
| VILABOA (SAN VICENTE) | A AUGALEVADA |
| VILABOA (SAN VICENTE) | O BASTEIRO |
| VILABOA (SAN VICENTE) | A BRAXE |
| VILABOA (SAN VICENTE) | A CARBEIRA |
| VILABOA (SAN VICENTE) | A CRUXEIRA |
| VILABOA (SAN VICENTE) | A FIGUEIRA |
| VILABOA (SAN VICENTE) | A PORTA DE NOVO |
| VILABOA (SAN VICENTE) | A VILAXE |
| VILABOA (SAN VICENTE) | AS CORTIÑAS |
| VILABOA (SAN VICENTE) | MORGADELLE |
| VILABOA (SAN VICENTE) | O CAMPO DA TABERNA |
| VILABOA (SAN VICENTE) | O CANEIRO |
| VILABOA (SAN VICENTE) | O PEREIRO |
| VILABOA (SAN VICENTE) | O SEIXIDAL |
| VILABOA (SAN VICENTE) | OS BIDUEIROS |
| VILABOA (SAN VICENTE) | OS ROMEOS |
| VILABOA (SAN VICENTE) | PENA DO BOI |
| VILABOA (SAN VICENTE) | VILELA |
| VILABOA (SAN VICENTE) | A VISPEIRA |
Os traballos súmanse aos executados a semana pasada nos centros emisores de Donelle (Loira) e Lavacerido (Meirás), coa previsión de mellorar o sinal en 26 entidades de poboación das parroquias de Lago, Loira, Meirás, Pantín, Valdoviño e Vilaboa.
No caso de dúbida, a Oficina da Televisión Dixital en Galicia pon a disposición da veciñanza o teléfono 881 866 388 ou na web www.tdtgalicia.gal.
