A Oficina da Televisión Dixital en Galicia levará a cabo este mércores actuacións nos centros emisores de Donelle e Lavacerido
Con estas intervencións búscase mellora a sinal en 26 lugares das parroquias de Lago, Loira, Meirás, Pantín, Valdoviño e Vilaboa
Valdoviño, 8 de setembro do 2026. A Oficina da Televisión Dixital en Galicia da Xunta está poñendo en marcha unha serie de actuacións para mellorar a sinal de TDT, e este mércores 9 de setembro, levará a cabo sendas intervencións en Donelle (Loira) e en Lavacerido (Meirás). Realizadas estas, e a partir do 5 de novembro, cando se inicie a primeira fase do plan, os veciños e veciñas que reciban a sinal destes dous centros deberán realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT. Así mesmo, no caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a instalación colectiva para asegurar a calidade da recepción.
No caso de Donelle, beneficiará ás seguintes entidades de poboación
| Parroquia | Nome entidade |
| LAGO (SANTIAGO) | A LÓNGARA |
| LAGO (SANTIAGO) | CASTIDO |
| LAGO (SANTIAGO) | O VILAR DE LAGO |
| LOIRA (SAN PEDRO) | A IGREXA |
| LOIRA (SAN PEDRO) | CHOUPINETE |
| LOIRA (SAN PEDRO) | CRECENTE |
| LOIRA (SAN PEDRO) | DONELLE |
| LOIRA (SAN PEDRO) | O MALATE |
| LOIRA (SAN PEDRO) | O MOIMENTO |
| LOIRA (SAN PEDRO) | PAZOS |
| LOIRA (SAN PEDRO) | VILABOI |
| PANTÍN (SANTIAGO) | A BARREIRA |
| PANTÍN (SANTIAGO) | O CADAVAL |
| PANTÍN (SANTIAGO) | CASIANES |
| PANTÍN (SANTIAGO) | A PEREIRA |
| PANTÍN (SANTIAGO) | DOMONDÓ |
| PANTÍN (SANTIAGO) | A TEIXOEIRA |
| PANTÍN (SANTIAGO) | A UCEIRA |
| PANTÍN (SANTIAGO) | XAVARIZ |
| VALDOVIÑO (SANTALLA) | A CACHAVEIRA |
| VALDOVIÑO (SANTALLA) | A COSTEIRA |
| VALDOVIÑO (SANTALLA) | O PORTODOSO |
| VILABOA (SAN VICENTE) | A IGREXA |
No caso de Lavacerido, beneficiará ás seguintes entidades de poboación
| Parroquia | Nome entidade |
| MEIRÁS (SAN VICENTE) | CUBETA (A) |
| MEIRÁS (SAN VICENTE) | IGREXA (A) |
| MEIRÁS (SAN VICENTE) | LAVACERIDO |
No caso de dúbida, a Oficina da Televisión Dixital en Galicia pon a disposición da veciñanza o teléfono 881 866 388 ou na web www.tdtgalicia.gal.
