A Oficina Agraria Comarcal promove un curso de “Operador de transformación e comercialización de produtos hortofrutícolas e do mel”
+Información no correo oac.svo.ferrol@xunta.gal e 981 33 70 43
Valdoviño, 16 de setembro de 2021. A Oficina Agraria Comarcal de Ferrol promove un curso de «Operador de transformación e comercialización de produtos hortofrutícolas e do mel» dirixido a mozos e mozas e profesionais do sector agrario dos concellos de Valdoviño, Cerdido, Moeche e San Sadurniño.
Arrancará entre os meses de maio e xuño de 2022 e desenvolverase ata outubro ou primeiros de novembro. Así, as persoas interesadas en participar poden obter máis información sobre os trámites a realizar ou obter máis información no correo oac.svo.ferrol@xunta.gal ou teléfono 981 33 70 43.
Entre outros contidos, abordaranse os principios básicos da transformación e comercialización agraria e lexislación; seguridade e hixiene alimentaria e trazabilidade dos produtos; sistema de control APPCC; normas de calidade de comercialización, calidade diferenciada e marcas rexistradas de calidade, e normalización, envasado e etiquetado.