A Oferta de Emprego Público para 2021 contempla a contratación dun/ha técnico/a de deportes e un/ha educador/a social

O Concello de Valdoviño traballa nas bases que rexirán a convocatoria

O Concello de Valdoviño elabora as bases que rexirán a contratación dun/ha técnico/a de deportes e un/ha educador/a social. Prazas que contempla a Oferta de Emprego Público para 2021 aprobada pola Administración local e que a semana pasada se publicaba no Boletín Oficial da Provincia (https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/03/24/2021_0000002282.pdf). 

O obxectivo da contratación é evitar a temporalidade nos postos que, cada ano, se cubren cunha subvención procedente da Deputación provincial da Coruña. Financiación que se manterá para as prazas unha vez se contraten, logrando ao mesmo tempo dar estabilidade aos postos.