A lagoa oculta de Valdoviño
Cando se fala da lagoa de Valdoviño pensamos inmediatamente na da Frouxeira, unha auténtica xoia natural. Sen embargo, non é a única. Tan só uns poucos quilómetros ao norte, tras as dunas do Rodo, existiu unha masa de auga similar. Unha lagoa con lenda propia.
Unha mirada atenta á vexetación existente na contorna da praia onde se celebra anualmente o Pantín Classic permite distinguir os límites desa área asolagada. E desde calquera alto da zona, pódese adiviñar a súa extensión, hoxe cuberta de sedimentos e vexetación. Proceso que, segundo os expertos, seguirá co paso do tempo a da Frouxeira.
Un extenso carrizal, prados hidromorfos e bosques de ribeira cobren agora a súa superficie.
Di a lenda que, baixo as súas augas, estaría mergullada a próspera cidade de Lucerna. De feito, o microtopónimo do lugar (Marnela) respondería precisamente a ese suceso “mar nela”. Aínda que esta historia non difire da que rodea a outras lagoas galegas nas que, como neste caso, dise que nalgunhas noites aínda é posible escoitar o repique das campás da súa igrexa.
Propoñémosche un sinxelo paseo por esta contorna, perfecta para o birding. Pero ollo, non te adentres demasiado na fraga, e así esquivarás acceder a zonas encharcadas.