A IX Volta ás Forcadas amplía prazo de inscrición ata este mércores

A carreira celebrarase o domingo 14 a partir das 11:00 horas

Valdoviño, 8 de xuño do 2026. O Concello de Valdoviño amplía ata este mércores 10 de xuño o prazo de inscrición na IX Volta ás Forcadas, que se celebrará este domingo 14 a partir das 11:00 horas. O trámite debe realizarse a través do portal web de Carreiras Galegas, onde a cidadanía pode consultar tamén o regulamento da carreira. Está dirixida a nenos e nenas e persoas adultas, con diferentes distancias segundo a categoría -dende os 100 m ata os 9 km-. A inscrición é gratuíta -agás na absoluta, cunha cota de 3 euros-.

A cita deportiva forma parte do circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña, e permitirá desfrutar dunha contorna única entre as parroquias de Loira e Vilaboa. Organizada polo Concello, conta coa colaboración da Cooperativa de Vilaboa, así como co apoio de Policía Local e Protección Civil.

REGULAMENTO IX VOLTA AS FORCADAS 2026