A ITV móbil de vehículos agrícolas desprazarase a Lago e Vilaboa o próximo mes
As persoas interesadas no servizo poden solicitar cita previa a través da páxina web www.sycitv.com ou do teléfono 981 928 080
Valdoviño, 7 de outubro do 2024. A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase ao Concello de Valdoviño o próximo mes para facilitar as revisións deste tipo de vehículos sen saír do municipio. Deste xeito, permanecerá o 4 de novembro no aparcadoiro da cooperativa de Lago, en horario de 9:00 a 13:30 h, e ao día seguinte, 5 de novembro, na contorna da estación de servizo da cooperativa de Vilaboa, de mañá, e tamén de 15:15 a 18:00 h.
Así, as persoas interesadas no servizo poden solicitar cita previa para as inspeccións a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 981 928 080.
Comentarios