A hostalería poderá ampliar 2 horas o horario de peche na noite de Fin de Ano

O alcalde, Alberto González, informa de que os establecementos interesados en acollerse á medida deberán comunicalo ao Concello

Valdoviño, 28 de decembro do 2022. O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de aprobar unha ampliación de horarios de apertura dos establecementos de hostalería na noite do 31 de decembro de 2022 ao 1 de xaneiro de 2023. A medida responde así á petición cursada por varios locais. 

Esa ampliación será de 2 horas sobre os horarios xerais de peche establecidos nas correspondentes licenzas e/ou permisos para o desenvolvemento da actividade, cumprindo sempre a normativa referente a aforos e seguridade. Así mesmo, os establecementos interesados en acollerse á medida deberán comunicalo previamente no Concello, a través do rexistro municipal.