A Frouxeira, con conexión wifi gratuíta
Convértese no primeiro espazo público do municipio en dispor de conexión wifi gratuíta para os veciños e veciñas
Valdoviño, 5 de novembro de 2021. A contorna do paseo da Frouxeira vén de converterse no primeiro espazo público do municipio en dispor de conexión wifi gratuíta para os veciños e veciñas. A iniciativa é posible grazas á convocatoria de axudas europeas «Wifi4EU», que seleccionaba o proxecto valdoviñés entre os máis de 10.000 presentados á convocatoria.
A rede é gratuíta, cunha velocidade de 100 megas, sen publicidade e sen recollida de datos persoais. Tan só hai que seleccionar a rede; esperar uns segundos namentras se realizan unhas comprobacións de seguridade; aceptar as condicións de uso, e navegar.
A cobertura alcanza a zona do parque infantil da Frouxeira, e inmediacións da caseta de socorrismo do areal e do chiringuito sito neste emplazamento.