A Frouxeira acollerá este martes unha das xornadas de convivencia de fútbol praia da Real Federación Galega de Fútbol

A inscrición está aberta para xogadoras e xogadores federados dende categoría prebenxamín ata xuvenil, e a iniciativa servirá como preselección para as seleccións galegas que desputarán os campionatos estatais

Valdoviño, 28 de marzo do 2026. Valdoviño acollerá o vindeiro martes unha xornada de convivencia de fútbol praia organizada pola Real Federación Galega de Fútbol. Está dirixida a xogadoras e xogadores de fútbol e fútbol sala con licenzas en activo dende a categoría prebenxamín ata xuvenil, e a participación é de balde, con inscrición previa a través do formulario online habilitado na web da federación. A iniciativa desenvolverase na Frouxeira, o martes 31 en horario de 10:00 a 13:00 horas, co ánimo de promocionar esta modalidade deportiva en Galicia.

Serán as segundas xornadas destas características organizadas pola federación, tras o éxito do proxecto en 2025, e desta volta, Valdoviño, xunto con Vilargarcía, son os escenarios elixidos. O proxecto conta coa colaboración dos respectivos concellos e a implicación activa dos seleccionadores galegos. Estas convivencias servirán tamén como preselección para as próximas seleccións galegas, que desputarán en xuño na provincia de Cádiz os diferentes campionatos de España de seleccións autonómicas.

ENLACE INSCRICIÓNS