A exposición “Miradas” de Katy Martín, na Casa da Cultura ata o 31 de agosto

A pintora regresa a Valdoviño seis anos despois da súa última mostra

Era un regreso esperado. Seis anos despois da súa última exposición en Valdoviño, por aquel entón, nunha mostra compartida con outros artistas, a pintora Katy Martín estreaba exposición na Casa da Cultura do municipio o pasado venres baixo o título «Miradas». Alí, compartía co público asistente as súas obras, miradas á paisaxe e o territorio, no que está moi presente Valdoviño, e especialmente Pantín, e tamén miradas de xentes moi diversas. Todas elas poderán visitarse ata o 31 de agosto en horario de luns a venres de 10 a 14 h (e con cita previa, tamén venres de 17 a 19 h, e sábados e domingos de 11 a 14 h e de 17 a 19 horas).