A exposición “Inmarcesibles” chega a Valdoviño reivindicando a beleza dos corpos femininos máis aló dos canons de beleza establecidos

O Concello de Sober, que impulsou o proxecto coa colaboración da fotógrafa María Fernández, cedeu temporalmente a mostra, que poderá visitarse en Valdoviño ata o 30 de novembro na casa da cultura

Valdoviño, 15 de novembro do 2024. A Casa da Cultura acolle a exposición «Inmarcesibles», da fotógrafa María Fernández. A mostra inclúese na programación «Somos e Contamos» deseñada polo Concello para conmemorar o 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e chega a Valdoviño grazas á colaboración do Concello de Sober, promotor do proxecto. As imaxes de María Fernández realzan a auténtica beleza, mostrando o sexo feminino tal e como é e non como pretenden que sexa.

Para isto, nesta expo do Concello de Sober, financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, contouse coa participación libre e desinteresada de diversas mulleres que quixeron mostrarse tal e como son, defendendo todo tipo de corpos femininos e reivindicando a súa aceptación.

Poderá visitarse en Valdoviño ata o 30 de novembro, de luns a venres, en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 h.