A exposición fotográfica “Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido” chega este venres á Casa da Cultura
A empresa adxudicataria iniciará as obras de acondicionamento coa vista posta na reapertura do local no Nadal
Valdoviño, 1 de decembro do 2022. A exposición «Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido» chega a Valdoviño. Fegadace -Federación Galega de Dano Cerebral- promove esta mostra que xa puido verse nas principais cidades galegas, e coa que o público pode realizar unha aproximación, a través da fotografía, ao día a día desta discapacidade. Inaugúrase este venres ás 19 :30 horas na Casa da Cultura, e a partir de entón, poderá visitarse ata o 15 de decembro de luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h.
A colección de imaxes, do fotógrafo compostelán Aigi Boga, realizouse nas cinco asociacións que integran a federación, e están protagonizadas polas persoas usuarias de ADACECO (A Coruña), ADACE Lugo, Alento (Vigo), Renacer (Ourense) e Sarela (Compostela), que amosan a súa vida cotiá, as actividades que desenvolven, os ratos de descanso, a convivencia… en definitiva, a vida despois do “punto e seguido” que constitúen un ictus, un accidente, ou calquera outra das causas do dano cerebral adquirido.