A exposición do XVIII Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica xa pode visitarse en Valdoviño

Permanecerá na casa da cultura ata o 4 de novembro

Valdoviño, 15 de outubro do 2024. A Casa da Cultura inaugura exposición, e a partir de hoxe, o público poderá visitar a mostra do XVIII Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica. Os horarios, de luns a venres a de 11:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 horas, ata o 4 de novembro.

A exposición recolle unha selección dalgúns dos mellores traballos presentados ao certame internacional de arte gráfica co que a Deputación quere poñer en valor o talento creativo e a figura do artista Jesús Núñez, que dá nome ao premio. Na edición de 2023, presentáronse 114 creacións, resultando gañadora a peza «10 grados», de Juan Carlos Escudero García, e concedéndose dous accesits a Mateusz Patrzyk de Oliveira, pola obra «Painbody I» e a Maite Pinto Zangróniz, pola obra «Vero Over».