A Escola de Música ofertará piano, percusión, guitarra, canto e música e movemento

As persoas interesadas nas clases, que se celebrarán no local social de Sequeiro cunha cuota mensual de 10 euros, poden anotarse dende hoxe

Valdoviño, 30 de setembro do 2024. Música e movemento, piano, percursión e guitarra, e canto son as actividades incluídas na programación da Escola Municipal de Música do Concello de Valdoviño para este curso 2024-2025. De reunirse un número mínimo de participantes, as clases comezarán ao longo do mes de outubro, e esta mañá, o departamento municipal de Cultura abría inscricións, ata o 10 de outubro. Poderán formalizarse, como na pasada edición, de forma presencial, na casa da cultura -de luns a venres de 10 a 14 horas- ou a través da sede electrónica na web municipal.

O local social de Sequeiro -a antiga unitaria da Carreira- volverá acoller as actividades, cunha cuota mensual de 10 euros. Música e movemento está dirixida a nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil; piano, percusión e guitarra, para pequenos e pequenas a partir de 1º de Educación Primaria e persoas adultas, namentras que canto, para nenos e nenas a partir de 3º de Educación Primaria e maiores de idade.

No caso de que a demanda exceda a oferta de prazas, terán prioridade, por esta orde, as persoas empadroadas en Valdoviño matriculadas no curso anterior e que tivesen finalizado o mesmo; as persoas empadroadas no noso municipio; aquelas non empadroadas matriculadas no curso anterior e que, como no caso anterior, finalizasen o mesmo, e finalmente, as persoas non empadroadas. Se hai empate, realizaríase un sorteo.

INSCRICIÓN ONLINE