A Deputación provincial colabora cos Servizos Sociais municipais cunha achega cercana aos 100.000 euros
Permitirá a contratación de persoal para o departamento e a prestación de 4.200 horas do Servizo de Axuda no Fogar en libre concorrencia
Valdoviño, 22 de abril de 2022. A Deputación provincial da Coruña colaborará este ano cos Servizos Sociais do Concello de Valdoviño cunha achega de 90.400 euros para o financiamento do servizo de axuda no fogar na modalidade de libre concorrencia e máis para cubrir gastos de persoal do departamento. En concreto, 40.000 euros destinaranse a financiar a contratación dun/ha administrativo/a e dun/ha técnico/a. E os outros 50.400 euros permitirán ofrecer este ano 4.200 horas de atención a través do SAF.
As axudas sinaladas inclúense no Programa de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no ano 2022, convocado ao abeiro do Decreto 99/2012 do 16 de marzo, que regula os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, e que no seu artigo 31 establece que as Deputacións proporcionarán asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios e o Decreto 148/2014 polo que se modifica o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.