A contorna da praia de Pantín será escenario este domingo do espectáculo de danza “Dancin´ Queen”, de Marta Alonso Tejada

O Concello de Valdoviño convida a veciños e visitantes a desfrutar desta sorprendente producción a partir das 21 horas

Valdoviño, 28 de xullo de 2022. A danza regresa este domingo á contorna da praia de Pantín co espectáculo «Dancin´Queen», unha producción de Marta Alonso Tejada que convidará ao público a realizar un percorrido por aqueles hits máis pegadizos e contaxiosos para bailar. Unha oportunidade para deixar aflorar a Dancin´Queen que todo o mundo leva dentro, a que aparece cando soa música e nos vimos arriba. 

Dirixido a todos os públicos, o espectáculo, que protagoniza Marta Alonso Tejada e Afro Brix, dará comezo ás 21 horas. 

Inclúese na programación cultural do Concello de Valdoviño para este mes de xullo, co apoio da Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña. Unha programación na que as propostas culturais -cine, música, danza…- saíron unha vez máis á rúa.