A compañía “Fulano, Mengano e Citano” trae a Valdoviño a súa obra “Top Manta”

A función terá lugar este venres ás 20,30 horas na Casa da Cultura

Valdoviño, 7 de decembro de 2021. A programación cultural do Concello de Valdoviño continúa este venres 10 de decembro coa representación da obra teatral « Top Manta » a cargo da compañía « Fulano, Mengano e Citano ». A función dará comezo ás 20,30 horas no auditorio da Casa da Cultura. Dirixida a un público adulto, a entrada é libre ata completar aforo. 

A obra aborda a historia de dous actores que, obrigados polos cortes económicos como consecuencia da crise, se ven obrigados a cambiar os escenarios polo top manta na rúa. Ademais este é o punto de arranque, e como todas as producións da compañía viguesa, trátase dunha comedia crítica e sarcástica sobre a realidade, aínda que os seus responsables, escapan do politiqueo barato. 

A función inclúese na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.