A compañía Bucanero representa este venres en Valdoviño a súa obra Os amos do mundo

A función, con entrada libre, dará comezo ás 20:30 horas

Valdoviño, 28 de decembro do 2022. Última función do ano no auditorio da casa da cultura. Este venres, a partir das 20:30 horas, a compañía Bucanero trae a Valdoviño a súa obra «Os amos do mundo». Con entrada libre, chega ao noso municipio co respaldo da Rede Cultural da Deputación da Coruña. 

Unha obra sobre un texto de Carmen Blanco, dirixida por Lino Braxe, e cos actores Xosé Bonome e Pedro Picos sobre o escenario, para abordar unha historia sobre explotación laboral en clave de comedia e dirixida a un público adulto.