A Casa da Cultura acolle este sábado o pleno de constitución da nova corporación
O acto, aberto á veciñanza, dará comezo ás 12:30 horas
Valdoviño, 16 de xuño do 2023. Valdoviño celebra este sábado 17 de xuño o pleno de constitución da nova corporación resultante das pasadas eleccións municipais. A sesión celebrarase no auditorio da Casa da Cultura co fin de poder acoller aos veciños e veciñas interesadas en seguila, e dará comezo ás 12:30 horas.
O guión a seguir comeza coa constitución da Mesa de Idade, integrada polos concelleiros e concelleiras electos de maior e menor idade presentes. Esta será a encargada de comprobar as credenciais en base ás certificacións remitidas ao Concello pola Xunta Electoral de Zona. De seguido, os e as edís tomarán posesión do cargo mediante o xuramento ou promesa de acatamento á Constitución. Rematado o proceso, a Mesa de Idade declarará constituída a corporación, e presidirá a votación para a elección do alcalde.
Os comicios locais arroxaron os seguintes resultados:
7 concelleiros/as PSOE
-Alberto González
-Rosa Ana García
-Sergio Saavedra
-Benito Vega
-Tamara Sabín
-Alejandro García
-Germán Gómez
4 concelleiros/as PP
-Ana María Díaz
-Ana Arroyo
-Cristóbal Colón
-Kristel Testa
2 concelleiros/as BNG
-Andrés Rodríguez
-Verónica Hermida