A calidade da auga das zonas de baño de Valdoviño volve recibir a máxima valoración

A clasificación sanitaria estará vixente nesta próxima tempada

Valdoviño, 17 de abril do 2026. O Concello recibía esta semana a notificación da Consellería de Sanidade respecto á clasificación sanitaria final das zonas de baño do municipio. Así, todas as praias analizadas –A Frouxeira, Campelo, Meirás, Mourillá-Os Botes, O Baleo, Pantín e Vilarrube- recibiron un excelente. Unha «nota» vixente para a próxima tempada e un reclamo máis para desfrutar dos areais de Valdoviño.

A vixilancia sanitaria das zonas de baño lévase a cabo mediante a inspección e mostraxe periódica da auga das zonas de baño incluídas no censo realizado polo corpo de farmacéuticos inspectores de saúde pública durante a tempada de baño. Así, ao seu remate, cos datos obtidos nesa tempada o cos resultados das tres anteriores, calcúlase a clasificación sanitaria da auga de baño que pode ser excelente, boa, suficiente e insuficiente.