A Biblioteca Municipal amplía horarios

O Concello incorpora unha auxiliar, e retoma o horario de tarde

Valdoviño, 7 de abril do 2026. A Biblioteca Municipal de Valdoviño amplía horarios de apertura, e a partir desta semana, volverá abrir polas tardes. O Concello reforzaba o persoal da casa da cultura coa incorporación dunha auxiliar de biblioteca, o que permitirá sumar horas de atención. Dende xa, a biblioteca abrirá de luns a venres de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.