A Biblioteca Municipal acolle este venres a presentación do libro “Gomets”, de María Isabel Cagiao Branco

O acto, aberto á veciñanza, dará comezo ás 20,30 horas

Valdoviño, 6 de abril de 2022. A escritora María Isabel Cagiao Branco presentará este venres en Valdoviño a súa primeira novela, titulada «Gomets». Con entrada libre ata completar aforo, o acto desenvolverase na Biblioteca Municipal a partir das 20,30 horas. 

O libro narra a historia dunha nena que medra nun pobo pequeno de Galicia nuns tempos nos que abondan os medos e incertidumes. Xunto coa súa contorna, vaise transformando rodeada de segredos, misterios e enganos, sempre coa sincera amizade e o máis fervente amor por bandeira. Millóns de aventuras e desventuras entrelazadas en distintos lugares máxicos con personaxes moi peculiares e diferentes iranse sucedendo na obra. Todos conviven neses fermosos paraxes coas súas medias verdades e medias mentiras. En definitiva, un relato como a vida mesma, ou tal vez inventado. En todo caso, a autora daranos algunhas claves este venres.