A Aula Municipal de Música ofrece clases de piano, guitarra, batería, canto e teatro musical

O Concello de Valdoviño abre inscricións na programación do curso 26-27

Valdoviño, 8 de setembro do 2026. A Aula Municipal de Música ofrecerá neste curso 2026-2027 clases de piano, guitarra, batería, canto e teatro musical. O Concello de Valdoviño presentaba hoxe a programación, e abría o periodo de preinscrición. O trámite pode realizarse ata o día 18 deste mes, tanto na casa da cultura -de 9:00 a 13:00 horas- como a través da sede electrónica.

Confirmada a praza, as sesións terán unha periodicidade semanal, e desenvolveranse como de costume no local social de Sequeiro -antiga escola unitaria da Carreira-. A intención do Concello é comezar o curso en outubro.

O custe das actividades é de 10 euros ao mes, e toda a programación está dirixida a nenos e nenas a partir de 6 anos (1º de Educación Primaria) e máis persoas adultas, agás canto (a partir de 8 anos).