A Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia completa prazas de cara ao próximo curso

A lista de agarda estará aberta ao longo do ano por se se rexistran baixas neste recurso de conciliación municipal gratuíto

Valdoviño, 6 de maio do 2026. A Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia comezará o próximo curso 2026-2027 con todas as prazas cubertas. Tras o periodo de preinscrición para novos ingresos aberto polo Concello de Valdoviño, o recurso completaba todas as prazas ofertadas para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Así, o alcalde, Alberto González, apuntaba que a lista de agarda estará aberta ao longo de todo o curso por se se rexistrasen baixas neste recurso de conciliación municipal gratuíto para as familias.

O centro, emprazado en pleno paseo da lagoa da Frouxeira, botaba a andar en 2018. Ofrece a posibilidade de xornada completa -de 8:00 a 16:00 h-, media xornada -de 9:00 a 13:00 h-, e a opción de máis de media xornada -entre 5 e 7 horas-. Caracterízase por desenvolver un proxecto didáctico vencellado á natureza e ao territorio, involucrando activamente ás familias nos proxectos.