A Asociación Morcegos de Galicia presenta en Valdoviño os resultados do proxecto Sonat
O acto celebrarase este sábado ás cinco da tarde na Biblioteca
Valdoviño, 16 de decembro do 2022. A Asociación Morcegos de Galicia presentará este sábado en Valdoviño os resultados do proxecto Sonat co que busca implicar á sociedade no estudo da diversidade e da conservación no noso territorio da especie migratoria Pipistrellus nathusii. Será na Biblioteca, a partir das cinco da tarde, a través dun coloquio aberto a todos os públicos.
A través desta iniciativa, a entidade busca obter información para caracterizar espacial e temporalmente a poboación galega de P.nathusii. Así, realiza mostraxes acústicas pasivas ao longo da costa galega tanto na época reproductora coma na postreproductora, e nalgúns dos puntos nos que confirma a presenza da especie, realiza estacións de captura co fin de obter datos poboacionais.
O pasado mes de outubro, a asociación levaba a cabo en Valdoviño unha charla informativa e un paseo pola lagoa da Frouxeira para escoitar e ver morcegos dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos e persoas adultas.