A asociación ecoloxista ADEGA trae a Valdoviño a súa exposición “50 anos coidando a terra”

O acto de inauguración terá lugar este xoves ás 12 h na casa da cultura

Valdoviño, 10 de setembro do 2025. ADEGA trae a Valdoviño a exposición itinerante coa que conmemora o seu medio século de historia: «50 anos coidando a terra». O acto de inauguración terá lugar este xoves ás 12 horas na casa da cultura, e contará coa intervención de Adela Figueroa, directiva da asociación, e a presenza do alcalde, Alberto González.

Aberto á veciñanza, incluirá unha visita guiada á mostra, integrada por 16 paneis sobre a asociación ecoloxista máis lonxeva da Comunidade. A partir de entón poderá visitarse ata o 23 de setembro, de 10 a 14 h de luns a venres.

A mostra conta co apoio financiero da Deputación da Coruña.