A Asociación de veciños, coa comisión de festas, organiza este domingo a Andaina “Volta perimetral a Meirás”

De 16 kms, a inscrición está aberta ata o xoves no 663 33 15 27 ou a través das redes sociais da entidade veciñal

Valdoviño, 11 de outubro do 2022. A Asociación de Veciños, coa colaboración da Comisión de Festas, organiza este domingo ás 9:00 horas a Andaina «Volta perimetral a Meirás». Un percorrido de 16 quilómetros de complexidade media-baixa con punto de partida e chegada no local social. Así mesmo, a andada culminará cun menú a base de empanada, lacón, pan, bebida, postre e café. 

O custe para participar na andaina é de 3 euros para socios/as da asociación veciñal e de 5 para os/as que non o sexan, con agasallo incluído, namentras que o do xantar é de 10 euros. A inscrición, para as dúas actividades ou unha delas, é obrigatoria, e pode formalizarse no teléfono 663 33 15 27 ou a través das redes sociais da entidade veciñal.