A Andada polo Bo Trato rematará este sábado cunha coreografía aberta á participación veciñal deseñada polo profesor Dani Picos
As persoas que desexen participar este sábado na iniciativa poderán ensaiar os pasos co vídeo subido ás redes sociais municipais
Valdoviño, 21 de novembro de 2023. A Andada polo Bo Trato coa que o Concello de Valdoviño conmemorará este sábado o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres contará este ano con broche de ouro. O profesor de baile galego da agrupación Álvaro Cunqueiro de Lago, Dani Picos, deseñou unha coreografía moi especial aberta á participación dos veciños e veciñas que asistan á marcha. Un baile que se pode ensaiar previamente grazas aos vídeos que o Concello subía esta mañá ás redes sociais cos 3 pasos básicos. Así mesmo, dende hai semanas tamén se están a preparar nos talleres de musicoterapia e ximnasia que organiza o Concello, así como nas clases do grupo de baile de Vilaboa.
Nesta liña, dende a Concellería de Cultura pídese ás persoas que desexen participar na flashmob que acudan este sábado, na medida das súas posibilidades, con roupa negra ou lila, ademais de falda larga. Un atuendo que unificará a mensaxe da coreografía, gañando en vistosidade.
A andada partirá da casa da cultura ás 17:00 horas, co acompañamento da batukada a cargo da Asociación Valdoviño Cultura Extrema. Á súa chegada ao parque da Frouxeira, procederase á lectura do manifesto institucional, e de seguido, realizarase a coreografía.