O éxito do famoso banco de Loiba, o coñecido como «The best bank of the world» déixase sentir xa en toda a costa. A moda de instalar ao bordo do cantil asentos- calquera que sexa o seu estilo, a súa forma e mesmo o seu número- estendeuse como a pólvora, ata o punto de que este elemento para o descanso comeza a facerse imprescindible en calquera miradoiro natural que se prece.

Un total de 12 veciñas e veciños iniciaban onte á tarde, na Casa da Cultura, o curso «Acompañándote, Todas e todos contamos». A segunda acción formativa do Programa municipal Mellora, de formación e acceso ao emprego no que as persoas que se viron afectadas laboralmente pola COVID-19 teñen participación gratuíta -10 euros para o resto-.