O Concello retomará este mes os talleres gratuítos de estimulación cognitiva
Dirixidos a persoas maiores de 65, celebraranse en Meirás e Valdoviño
O escritor Antón Cortizas volverá poñerse ao fronte do Foro Galego Literario de Valdoviño
O Concello abre inscricións no proxecto, dirixido a veciños e veciñas de 16 anos en adiante, con encontros bimensuais e participación de balde
O Concello abre inscricións no novo curso da Aula de Artes Plásticas, que guiará de novo o pintor Manuel Carballeira
As clases celebraranse os martes no local social de Loira
A Escola de Música ofertará piano, percusión, guitarra, canto e música e movemento
As persoas interesadas nas clases, que se celebrarán no local social de Sequeiro cunha cuota mensual de 10 euros, poden anotarse dende hoxe
Vilarrube cóase nas aulas de Arquitectura e o alumnado formulará propostas de intervención para a posta en valor de espazos da parroquia
Preto de 140 estudantes asistían esta mañá a unha charla a cargo do alcalde, Alberto González, e realizaban unha visita posterior a diferentes lugares sobre os que plantear os seus proxectos
Valdoviño abre inscricións no Día da Bici
Celebrarase o domingo 6 de outubro cun percorrido entre as parroquias de Loira e Vilaboa, bordeando o encoro das Forcadas
Un centenar de persoas tomarán parte este sábado na XXIII Andada a Santo André
Organizada polo Concello de Valdoviño, os romeiros e romeiras partirán da Porta do Sol ás oito da mañá para cubrir os 24 km ata o santuario
O Concello saca a concurso o contrato para a adquisición dun vehículo patrulla para a Policía
A compra faise necesaria tralo incendio intencionado no aparcadoiro municipal que deixou inoperativo o segundo vehículo
Cita co Feirón este domingo na Porta do Sol
Regresan os postos a Valdoviño no mercadillo de fin de mes organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra
Valdoviño acollerá un obradoiro sobre o potencial das redes sociais dirixido a persoas autónomas, emprendedoras e pemes
A iniciativa, que impulsa a Oficina Acelera Pyme Rural da Deputación, é gratuíta, con inscrición previa, e celebraraxe o xoves 3 de outubro