O Concello axuda aos maiores a tramitar as súas solicitudes para participar no programa Termalismo Social do IMSERSO
O prazo para as quendas de febreiro a agosto conclúe o 5 de decembro
A nave municipal de Mourente non se subasta
A Tesourería Xeral da Seguridade Social confirma por escrito o que xa comunicara vía telefónica a instancias das xestións da secretaria municipal
O Concello de Valdoviño volve convidar á veciñanza a participar coas súas fotografías na elaboración do calendario municipal
A Concellería de Cultura abre o prazo para recepcionar as imaxes
Concello e comercio local activan a II edición de “En Valdoviño, adiantamos o Nadal”
Máis de medio centenar de negocios se sumarán á iniciativa, que repartirá 1.000 euros en vales agasallo canxeables nos establecementos adheridos
Iria Pinheiro trae ao auditorio de Valdoviño “Vitória, retrato dunha denuncia”
O espectáculo inclúese no ciclo municipal de teatro "Ven o Venres"
A Mancomunidade activará un plan de medidas de aforro de auga para facer fronte á seca
Entre as medidas analizadas están as restricións nos usos non prioritarios da auga
Desenvolvemento Pesqueiro recibirá o 12 en Santiago ás representantes das mariscadoras
O colectivo mantivo esta mañá unha nova reunión de traballo cos concellos de Cedeira e Valdoviño
Valdoviño dótase dunha normativa para regular e ordear a implantación de campamentos de turismo en solo rústico
O obxectivo é dar maior seguridade xurídica a este tipo de instalacións
Fernando Frías, o notario máis novo de España, ofrecerá este xoves unha charla en Valdoviño
Con entrada libre ata completar aforo no auditorio, abordará cuestións como os testamentos, as herdanzas en vida ou bonificacións fiscais
O Concello de Valdoviño aproba o regulamento do Consello Sectorial da Memoria Democrática como paso previo á súa constitución
O pleno municipal daba luz verde ao acordo por unanimidade
