O Concello informará este mércores na Porta do Sol sobre as vantaxes do colector marrón e rexistrará as peticións de uso
Unha vez instalados os contedores a pé de rúa, os veciños e veciñas que tramiten a solicitude recibirán unha tarxeta electrónica para a súa apertura e un kit para facilitar o uso, cun caldeiro e bolsas
O Concello adxudica as obras de acondicionamento do camiño de Outeiro
A Administración local investirá preto de 68.000 euros nos traballos
O pleno acorda a resolución do contrato de ampliación do centro sociocomunitario
O Concello traballa na modificación do contrato para adaptalo ao actual contexto de alza de prezos motivado pola guerra de Ucraína
Concello e comerciantes da Porta do Sol alíanse nunha campaña de dinamización que premia a visita aos establecementos
Un total de 30 negocios súmanse á iniciativa, que inclúe unha xincana por parellas polos establecementos para coñecer a súa oferta
A Casa da Cultura acollerá un festival musical homenaxe a Juan Pardo a beneficio de Cáritas
Está organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra, e contará coas actuacións de Lázaro Arribe, Yoly García, Vicente Castiñeiras, Pablo Veiga e Los Nostálgicos
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase a Lago e Vilaboa o próximo mes
As persoas interesadas nas revisións deberán solicitar cita previa
O Concello convida a celebrar o Samaín na vella igrexa de Loira co espectáculo de narración oral “Non teñas medo á morte”
A función de María da Pontragha terá lugar este domingo ás 18:00 horas
Valdoviño convida a celebrar o Día da Biblioteca cun fin de semana de teatro familiar
A Escola Galega de Teatro Musical representará este sábado “A meiga da fonte”, e o domingo, Tanxarina Teatro porá en escea “A galiña azul”
Elisardo de la Cruz presenta este venres en Valdoviño “Esas cousas marabillosas” no marco do ciclo de monólogos “Únicos”
O espectáculo comezará ás 20:30 h no auditorio, con entrada gratuíta
A oncóloga Rocío Vilchez Simo impartirá na Casa da Cultura de Valdoviño a charla “Que podo facer eu fronte ao cancro de mama?
Celebrarase o día 19, Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama