O Concello publica no Boletín Oficial da Provincia as bases e convocatoria para cubrir unha praza de educador/a familiar
O prazo de solicitudes para participar no proceso selectivo iniciarase unha vez a convocatoria se publique no Boletín Oficial do Estado
Aprobación definitiva dos orzamentos municipais de Valdoviño para o 2023
A corporación daba luz verde ás contas no pleno do 19 de decembro, pasando a exposición pública sen que se rexistrasen alegacións
O Concello convida este domingo á veciñanza á proxección do filme de animación “Os demos do barro”
A película, coproducida por Parrocha Studio do coruñés Xosé Zapata, está nominada aos Premios Goya 2023
O Concello reactiva o servizo de atención cidadá para axudar á veciñanza nos trámites de notificación da súa nova numeración
Atenderá ao público os martes e xoves de 9 a 14 h na casa consistorial
A Deputación colaborou cos Servizos Sociais municipais cunha achega de 90.400 euros ao longo do 2022
A subvención permitiu financiar 4.200 horas do servizo de axuda no fogar na modalidade de libre concorrencia e cofinanciar os gastos da contratación de persoal auxiliar administrativo e de educadora social
A corporación de Valdoviño reitera a súa petición a Educación de proceder á construción dun instituto no municipio
Trasladará de novo a solicitude á consellería, tras a comisión na que se abordou a petición dos IES de Catabois e Terra de Trasancos de pasar a ser os centros de referencia de admisión de Bacharelato para o alumnado local
Visita guiada e proxección arredor das exposicións sobre Barriga Verde, este domingo na Casa da Cultura de Valdoviño
Con estas actividades, clausuraranse en Valdoviño as mostras sobre o títere tradicional por excelencia en Galicia que impulsa a Asociación Morreu o Demo
Ampliado o prazo de inscrición no Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade dirixido a mulleres desempregadas de concellos da comarca
As mulleres interesadas en participar poden obter máis información no departamento municipal de Servizos Sociais
Os Reis Magos chegarán á casa consistorial este xoves 5 de xaneiro ás 18 h para iniciar o seu percorrido ata a casa da cultura
No auditorio, celebrarase a tradicional recepción real