Punto de Información Catastral

O Punto de Información Catastral (PIC) é unha oficina autorizada pola Dirección Xeral do Catastro no Concello de Valdoviño e pon a disposición dos usuarios os seguintes servizos:

  • Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
  • Servizo de consulta e descarga de notificacións electrónicas nos procedementos catastrais.

O PIC está ubicado no segundo andar da Casa do Concello (Oficina técnica) e atenderá ao público a partir do 1 de xullo, os martes e xoves, de 10 a 12 horas.

Acceso aos servizos

Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre Puntos de Información Catastral tan só permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral, o seu representante ou persoa autorizada por el.

Polo tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o do solicitante, actúe por si mesmo ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da Xerencia/Subxerencia do Catastro, á que o interesado debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.

Tampouco poderán atenderse no Punto de Información Catastral as solicitude de quen se ampare nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario (arquivo pdf).

Formularios de solicitude de información

Os formularios están dispoñibles en formato pdf. Para poder visualizalos é preciso ter instalada a versión de Adobe Reader 5.0 (ou posterior), que pode descargarse dende a web de Adobe Reader .

Máis información

Pode obterse máis información catastral na Sede Electrónica do Catastro ou na Lexislación que regula o funcionamento do Punto de Información Catastral.