Programa de Cultura - Maio - Letras Galegas 2010

CONCELLO DE VALDOVIÑO. ÁREA DE CULTURA E BIBLIOTECA
PROGRAMA MAIO. UXÍO NOVONEYRA. LETRAS GALEGAS 2010


EXPOSICIÓN
Do Venres 14 ao Luns 31 : “UNHA IMAXE, UNHA MELODÍA,...,UN RECORDO”.
Organiza Concello de Valdoviño e Asociación Folclórica e Cultural Berros do Castro.
Visitas en horario de biblioteca


Consta de 6 paneis de fotos. A exposición naceu  para dignificar e pór  en valor a músicos e artesáns da comarca de Ferrol e Ortegal, a través do que é o documento máis importante do século XX, o gráfico. Berros do Castro ten recollido arredor de  200 imaxes das que se mostra unha escolma na exposición que inclúe ademais textos e manifestos de distintas  persoas relacionadas co mundo da música tradicional e da cultura musical  da comarca –cregos, músicos, expertos en folclore,…- que ofrecen a súa visión desde cadansúa óptica. Nesta mostra o Concello de Valdoviño ten unha grande representación a través de personaxes coma foron: Manuel  López  Vergara, a familia Nieto, Constantino Bellón, Manuel e  Enrique Lago (artesáns da gaita na parroquia de Lago), ou os compoñentes do coro tradicional chamado “Os Labregos”.

SÁBADO  8: X MOSTRA DE ASOCIACIÓNS DE VALDOVIÑO.  Parroquia de Vilaboa. Inuguración  ás 13.00 horas. Xantar popular e actuacións de grupos musicais das parroquias do concello. Organizan entidades asociativas do Concello de Valdoviño. Colabora Concello de Valdoviño.

SÁBADO 15: FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS. Local social de Meirás. 19’00horas. Organiza Coral polifónica Alentía. Participan:

Coral Polifónica de Zamanes, Coral Polifónica de Meis e Coral polifónica.” Armonía”.
Colabora Rede Cultural da Deputación Provincial e Concello de Valdoviño. Coral Polifónica Alentía de Meirás

DOMINGO 16: FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS. Auditorio da Casa de Cultura. 18’00 horas. Organiza Asoc. Cult. “A Frouxeira”. Participan:

-    Coral Fonte do Souto de Culleredo,Coral Virxe do Mar de Cedeira Coro Cantares Galegos de A Coruña

DOMINGO 23: BANDA DE MÚSICA VILA DE CEDEIRA. Campo da Festa de Vilaboa.  13.30 h. Colaboran  Rede Cultural da Deputación Provincial e Concello de Valdoviño.

XOVES 27 : ARJÉ TEATRO grupo do Instituto Breamo de Pontedume interpretará “ El Tartufo”. Auditorio da Casa de Cultura.16, 45 horas. Organiza CPI Atios de Valdoviño.

DOMINGO 30: EVA VEIGA: O RAMALLO DE PRATA. Con poemas de Uxío Novoneyra. Auditorio da Casa de Cultura. 18.00 horas. Programa  LETRAS VIVAS da Consellería de Cultura e Turismo.
Espectáculo poético-musical con poemas escollidos da obra completa de Uxío Novoneyra  interpretados polo Grupo Ouriol que está formado polos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares , xunto á poeta e recitadora  Eva Veiga

•    CONCELLO DE VALDOVIÑO OFERTA PARA RAPACES DE 9 A 13 ANOS :

3 PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN.  Quenda do 4 ao 10 de xullo.
Cota de participación 85 euros incluído o transporte.

3 PRAZAS  PARA O CAMPUS DE FÚTBOL DA DEPUTACIÓN.
Quenda do 11 ao 17 de xullo
Cota de participación 75 euros. Non inclúe transporte

Inscricións ate o 11 de xuño na Casa de Cultura do Concello.


Colaboran : Concello  de Valdoviño Rede Cultural da Deputación Provincial . Letras Vivas : Consellería  Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.