O alcalde aborda con Defensa a cesión de Monte Campelo ó Concello de Valdoviño

Nun horizonte próximo, os terreos de Monte Campelo, coas súas antigas baterías militares, poderían pasar a mans do Concello e, por tanto, da veciñanza de Valdoviño. Trátase dun obxectivo no que traballa dende hai anos a Administración local e que agora comparte o Ministerio de Defensa. Con esa perspectiva, esta mañá desprazábase á zona o Xeneral Xefe da 4ª Subinspección Xeneral do Exército Norte, José Rivas Moriana, responsable das infraestructuras militares do Exército na zona Norte.

O Concello amplía ata venres o prazo de inscrición no Torneo de Fútbol Sala OcioSol

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, anunciou esta mañá que o Concello de Valdoviño decidiu ampliar ata este venres, 20 de xullo, o prazo de inscrición no Torneo de Fútbol Sala OcioSol. Para formalizala, os equipos interesados en tomar parte deben presentar a súa solicitude na Casa do Concello (Rexistro Xeral na primeira pranta). Deben cubrir a folla de inscrición, aceptar o regulamento e réxime disciplinario e adxuntar a fotocopia do DNI de todos os xogadores.
 

Valdoviño acolle un foro comarcal en materia de igualdade dirixido a veciñanza, entidades e asociacións

A Deputación Provincial da Coruña elixiu Valdoviño para celebrar un Foro de Diagnose Comarcal en materia de políticas de igualdade. Celebrarase este xoves, ás 11 horas no auditorio da Casa da Cultura e a el están convocadas veciñanza, entidades e asociacións da comarca. A acción inclúese no proxecto “Compartimos Plan” para analizar a realidade social das políticas na provincia e detectar as necesidades existentes en materia de igualdade de xénero nas diferentes comarcas da provincia da Coruña.

Últimos días para anotarse na Andada Nocturna “Ata as Fillas Bravas” que organiza o Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño organiza este domingo, 22 de xullo, a Andada Nocturna «Ata as Fillas Bravas». Unha proposta cultural incluída no programa municipal «Escenarios Paralelos». As persoas interesadas en tomar parte deben anotarse na Casa da Cultura, no teléfono 981 48 76 66 ou enderezo electrónico cultura@concellodevaldovino.com e o prazo conclúe este venres, 20 de xullo.
 

Sesión de cine ó aire libre este xoves en Valdoviño coa proxección de “El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares”

"El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares"

O Concello de Valdoviño convida a nenos e maiores a unha nova sesión de cine nocturno ó aire libre. Será este xoves, a partir das 22,30 horas na praza da Casa da Cultura. Alí se proxectará co apoio da Rede Cultural da Deputación provincial o filme «El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares». Unha película de aventuras recomendada para nenos e nenas maiores de 7 anos. En caso de choiva, o pase trasladarase ó interior do centro cultural.
                                                                            

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS