O Concello abre este luns a inscrición na XIX Andada a San Andrés de Teixido

O Concello de Valdoviño organiza un ano máis a Andada a San Andrés de Teixido. Será a XIX edición e celebrarase o sábado, 6 de outubro. O prazo de inscrición abrirase este luns, 24 de setembro, e os interesados deben dirixirse á Casa da Cultura para retirar a documentación –máximo 5 por persoa- en horario de 9 a 13 horas. O prazo permanecerá aberto do 24 ó 28 de setembro e os días 1 e 2 de outubro, e hai límite de prazas. Iranse formalizando por orde de inscrición e farase unha lista de reserva cos interesados que ficasen sen praza.
 

O Concello asume este ano as actividades extraescolares do CPI Atios a petición da ANPA

O Concello de Valdoviño, a través das Concellerías de Cultura e de Deportes, asumirá este ano a organización das actividades extraescolares do CPI Atios a petición da ANPA. Así, esta mañá abría o prazo de inscrición nas seguintes actividades: ludoteca das intelixencias múltiples, ximnasia rítmica, baloncesto, linguaxe de signos, karate I e II, fútbol sala, piscina, xadrez e patinaxe artística.

O Océano Surf Museo recibe a visita da ex regatista olímpica Theresa Zabell

Visita Theresa Zabell

A ex regatista olímpica Theresa Zabell, medalla de ouro en Barcelona 92 e en Atlanta 96, visitou onte pola mañá o Océano Surf Museo, o primeiro e único de España desta temática. O alcalde, Alberto González, exerceu de guía nunha visita na que tamén acompañaron a Zabell o presidente da Federación Española de Surf, Carlos García, e os concelleiros de Cultura, Rosana García, e Servizos, Benito Vega.

Últimos días para sumarse á VII edición da Milla Urbana a favor de Cáritas

VII Milla Urbana

O paseo da Lagoa da Frouxeira albergará este domingo, 23 de setembro, a VII edición da Milla Urbana Concello de Valdoviño. Organizada pola Concellería de Deportes, o prazo de inscrición continuará aberto na web www.carreirasgalegas.com ata este xoves, 20 de setembro, ás 23:59 h. Inscrición que tamén pode facerse ata esa data de forma presencial na concellería –de luns a venres, de 9 a 14 h- e Oficina de Turismo –de 10 a 14 e de 16 a 20 h-.
 

A praia de Pantín acollerá a partir do sábado o Campionato Mundial de Waveski Surfing

Cartel Campionato

A praia de Pantín acollerá a partir deste sábado e ata finais de mes o Campionato Mundial de Waveski Surfing, un deporte dinámico que combina o poder do remo de kaiak coa maniobrabilidade e o rendemento dunha táboa de surf. Máis de 160 deportistas procedentes de 14 países como Australia, Sudáfrica ou Arxentina acudirán ó campionato, que organiza o Club Náutico A Folixa de As Pontes, e no que colabora o Concello de Valdoviño, a Deputación provincial da Coruña, a Federación Galega de Piragüismo e a Asociación Mundial de Waveski.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS