As unidades móbiles de doazón de sangue desprazaranse a Valdoviño e Meirás a próxima semana

O Concello informa á veciñanza de que as unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia desprazaranse ó municipio a próxima semana. Concretamente, o luns 23 estarán en Meirás (fronte á cooperativa) de 16 a 21 horas e o martes 24, diante da casa consistorial de Valdoviño, de 10 a 14 e de 16 a 21 h.
 

Nova Galega de Danza presenta no Miradoiro do Paraño o seu último espectáculo: Ser e Terra

Nova Galega de Danza

A actuación celebrarase este domingo, no marco do acto organizado polo Concello neste espazo para conmemorar o Día do Libro agasallando ós asistentes con obras literarias
 

O Concello estende a renovación do alumeado público ó entorno do centro de saúde, igrexa, CPI e á zona de Atios

Traballos de renovación das lámpadas

Os traballos de renovación do alumeado público iniciados este mes na zona do Carballal e Avenida Areeiros –dende o cámping A Frouxeira e ata a igrexa de Santa Eulalia- continuaron no entorno do centro de saúde, do CPI Atios e do citado templo –ata O Cameleiro-. Así mesmo, nos vindeiros días estenderanse tamén á avenida de Atios. Uns traballos que amplían a intervención inicial e que son posibles, segundo explicou o alcalde, Alberto González, pola mellora ofertada pola empresa adxudicataria dos traballos.
 

O Concello informa da apertura do prazo para solicitar as estancias para persoas maiores do programa Termalismo

A Concellería de Servizos Sociais tramita as solicitudes
 
O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais, informa da apertura do prazo para solicitar as estancias do programa Termalismo do IMSERSO. Un programa dirixido ás persoas pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente; de viudedade con 55 ou máis anos; por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 ou máis anos, ou ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con 65 ou máis anos de idade.
 

O Océano Surf Museo recibe a visita do alumnado de 2º de Primaria do CPI Atios

Alumnado de 2º de Primaria do CPI Atios no exterior do museo

Os centros educativos interesados en concertar unha visita guiada gratuíta tan só teñen que poñerse en contacto co Concello
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS